FAQs | Enlaces | Idioma:    
Noticias
Eventos
Portada
Búsqueda:
Eventos


Ciclo ‘Cine cativo’: ‘Pérez, el ratoncito de tus sueños 2’
ARTeria Noroeste convida a gozar dunha sesión cinematográfica en familia con ‘Pérez, el ratoncito de tus sueños 2’, unha entrañable comedia producida por filmax Animation, Castelao Productions e Patagonik Film Group que conta con animacións en 3D e personaxes reais as aventuras do popular roedor. ‘Pérez, o ratoncito dos teus soños 2’ (2008) SINOPSE Lucas (Mathias Sandor) ten oito anos e quere saber como fai o ratiño Pérez para cambiar os dentes dos nenos por moedas sen que ninguén o vexa. No seu intento por descubrilo, fai que Pérez caia en mans de Gil Penkoff (Manuel Manquiña), un empresario sen escrúpulos que buscará facerse millonario vendendo ao mundo os segredos do rato. Lucas e a súa familia farán todo o que estea ao seu alcance para liberalo e que continúe coa súa tarefa... aínda que quizais a axuda chegue da man doutros personaxes moito máis pequenos.
[30/01/2010]




Voltar

2004 © www.compostelafilm.com
aviso legal, política de privacidade